TERVICRIS

Terrazas, viño e cristianización. A construción do feudalismo na Ribeira Sacra

Led by
Andrés Currás (General Assembly)
981 590 962 x 312
ResearcherID AAA-7752-2020
Summary
TERVICRIS é un proxecto de arqueoloxía ambiental que procura comprender a evolución paisaxística dun sector da Ribeira Sacra a partir da análise palinolóxica de mostras sedimentarias de época medieval. O proxecto ten por obxectivo documentar diacrónicamente os cambios que experimentou a vexetación do entorno e datar con precisión en que momento ocorreron. Estes resultados permitirán reconstruír os ritmos de antropización que marcaron a creación da paisaxe cultural da Ribeira Sacra, unha paisaxe cultural senlleira de moito valor na cultura e economía galegas. A investigación pretende facer unha lectura paleoambiental sobre procesos históricos aínda non ben coñecidos, que permitirá comprender mellor a xénese do feudalismo, a súa relación coa cristianización, a implantación dunha economía de viticultura de características únicas en Europa e a



formación dunha paisaxe cultural que, polos seus valores culturais universais, aspira con posibilidades a entrar na lista do Patrimonio Mundial.
Keywords
Terrazas. Viticultura. Viño. Arqueoloxía da paisaxe. Palinoloxía. Paleovexetación. Paleoambiente. Arqueoloxía ambiental. Paleobotánica.
Dates
01/04/2021 - 31/03/2023
Kind of participation
Solo
Funding mode
Public in competition