Eventos

#pubarchMEDfin - Práctica Arqueolóxica e Sociedade no Mediterráneo

Congreso o jornadas
Jaime Almansa-Sánchez

16/04/2021 - 18/04/2021
Virtual

Congreso final do proxecto #pubarchMED. Virtual 16-18 Abril, 2021

O evento terá lugar o próximo abril, virtual, e trataremos de facelo accesible a todas vós dun modo ou outro. Se recibes esta chamada e apetéceche participar nalgunha das actividades, non dubides que faremos todo o posible para atopar un modo a pesar das barreiras tecnolóxicas. Aínda que o inglés será o idioma dos eventos en vivo, non queremos que a lingua sexa outra barreira, así que haberá unha opción para participar no teu propio idioma para as actas.

O tema xeral da conferencia será: «Práctica arqueolóxica e sociedade no Mediterráneo» tan amplo como soa. A sociedade (nós, hoxe, non as sociedades do pasado) será o concepto principal, e calquera acción que explore as relacións entre sociedade e arqueoloxía no Mediterráneo será benvida. Pero tamén aproximacións á xestión do patrimonio arqueolóxico e a profesión no ámbito mediterráneo, ou achegas teóricas á arqueoloxía pública desde o Mediterráneo.

Poderás elixir entre as seguintes opcións:

- Ensaios fotográficos en Twitter ou Instagram [inglés]

- La Torre de Babel: Ensaios en póster [póster en inglés + opcionalmente un ensaio de 2000 palabras en calquera idioma mediterráneo]

E tamén poderás participar (activamente) dos paneis en vivo que terán lugar; os eventos sociais e as reunións, como a editatona de bibliografía que estamos a planear para esa semana.

A data límite para recibir propostas será o 15 DE FEBREIRO DE 2021.

Máis información