Oportunidades de traballo

O Incipit reúne persoas de moi diferentes campos e nacionalidades, todas elas centradas na investigación sobre patrimonio cultural. A diversidade de disciplinas é moi ampla, e no Incipit teñen cabida especialistas de casi calquera área de coñecemento, sempre e cando os seus intereses de investigación coincidan cos do instituto.

De forma regular xorden oportunidades para incorporar novos miembros ao Incipit, con multitude de modalidades, duracións e tipos de posto. Algunhas destas oportunidades derivan dos proxectos de investigación do Incipit. Outras son posibilitadas polas convocatorias públicas que existen en España e noutros países. Nesta páxina publícanse as oportunidades de traballo vixentes en cada momento, e danse indicacións sobre como expresar o teu interese nelas.

Beneficios de traballar no Incipit

O Incipit ofrece unha contorna de traballo áxil e multidisciplinar, na que as colaboracións e o diálogo entre diferentes campos científicos son habituais. A maior parte dos proxectos involucran a persoas de diferentes áreas, e producen resultados de interese para todas elas.

Traballar no Incipit permitirache compartir as túas experiencias con especialistas en patrimonio cultural de diferentes campos, á vez que aprendes novas perspectivas, técnicas e formas de traballo. Ademais, o Incipit mantén relacións cunha ampla rede de persoas asociadas e colaboradoras, e recibe numerosas estancias cada ano. Esta rede permitirache establecer novos contactos e atopar novas oportunidades, tanto para a túa carreira científica como para o exercicio profesional.

Ademais, poderás participar nos numerosos eventos que teñen lugar no Incipit, como charlas de investigación, seminarios, grupos de traballo, ou a Rede Incipit.

Oportunidades de traballo vixentes

Neste momento non dispoñemos de oportunidades de traballo. Pero algo xurdirá, así que visítanos de vez en cando.

Como podes expresar o teu interese

A maior parte das oportunidades de traballo requiren a participación nunha convocatoria pública competitiva. Podemos axudarche a mellorar as túas opcións e a perfilar a túa candidatura. Podes expresar o teu interese nunha oportunidade de traballo seguindo estes pasos:

  1. Le detidamente a información sobre a oportunidade de traballo, e consulta a documentación referida nela.
  2. Escribe á persoa de contacto da oportunidade escollida, expresando o teu interese. Xunto con esta persoa, poderás avaliar se o teu perfil e currículo encaixan ben na oportunidade.
  3. Se o teu perfil encaixa, a persoa de contacto indicarache como realizar unha solicitude formal para participar na convocatoria pública asociada.

+ Info

Se necesitas máis información ou realizar unha consulta sobre oportunidades de traballo, escribe a Elena Cabrejas en elena.cabrejas@incipit.csic.es para cuestións xerais, ou a cada responsable para cuestións concretas de cada oportunidade de traballo.