César González-Pérez

Científico Titular

Información de contacto
Rol no centro
César González-Pérez é coordinador da especialidade de tecnoloxías semánticas, participante secundario da especialidade de antropoloxía e responsable de formación interna.
Áreas de interese
Modelado conceptual. Metamodelado. Linguaxes formais. Enxeñería situacional de métodos. Semántica. Argumentación. Teoría do patrimonio cultural.
Nota biográfica
César González-Pérez é licenciado en Bioloxía Fundamental, máster en Electrónica Aplicada e doutor en Xeografía e Historia. Na actualidade, César é Científico Titular no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Santiago de Compostela, España, onde dirixe unha liña de coinvestigación transdisciplinar en enxeñería de software e patrimonio cultural. O obxectivo final desta liña é o desenvolvemento das teorías, metodoloxías e tecnoloxías necesarias para comprender e asistir os fenómenos de xeración e comunicación de coñecemento relativos ao patrimonio cultural.

Anteriormente, César ten traballado en diversas organizacións académicas e empresariais, tanto en España como en Australia, nas áreas de modelado conceptual, metamodelado, enxeñería situacional de métodos, e desenvolvemento de sistemas software, con especial orientación aos problemas patrimoniais.

César tamén é activo no mundo dos estándares, sendo vocal de UNE (antes AENOR), o corpo español de estandarización con representación en ISO, e tendo sido coeditor de tres proxectos de estandarización internacionais. César tamén é avaliador de proxectos de investigación en axencias gobernamentais de seis países, foi promotor e socio de tres empresas de base tecnolóxica relacionadas cos servizos software, e é autor de máis de 100 publicacións.
Seccións de libro
Artigos
Congresos