Combined

Misión Ciencia: atopa o teu equipo de investigación

2026 (version 1). Galician

By
Yolanda Seoane-Veiga (collaborator)
Summary
Misión Ciencia é unha actividade didáctica e cooperativa baseada no xogo de rol, deseñada para achegar ao alumnado ao funcionamento real da investigación científica. A través da simulación de proxectos patrimoniais, a actividade permite comprender a ciencia como un proceso interdisciplinar, no que diferentes perfís profesionais colaboran para investigar e interpretar as sociedades do pasado. Ademais, pretende visibilizar o papel das mulleres na ciencia, amosar a diversidade de saídas profesionais no ámbito científico e fomentar vocacións científicas de maneira activa e participativa, ao tempo que desenvolve o pensamento crítico ao detectar o elemento alleo ao contexto histórico traballado.

Misión Ciencia é unha actividade didáctica e cooperativa baseada no xogo de rol, deseñada para achegar ao alumnado ao funcionamento real da investigación científica. A través da simulación de proxectos patrimoniais, a actividade permite comprender a ciencia como un proceso interdisciplinar, no que diferentes perfís profesionais colaboran para investigar e interpretar as sociedades do pasado. Ademais, pretende visibilizar o papel das mulleres na ciencia, amosar a diversidade de saídas profesionais no ámbito científico e fomentar vocacións científicas de maneira activa e participativa, ao tempo que desenvolve o pensamento crítico ao detectar o elemenA actividade iníciase coa organización da aula en cinco proxectos de investigación diferentes, cada un vinculado a un contexto patrimonial concreto to alleo ao contexto histórico traballado.

Para isto, cada estudante recibe unha carta cun rol profesional específico (como arqueoloxía, historia, antropoloxía, xeofísica, entre outros), na que se explica brevemente a súa función dentro dunha investigación e se inclúe unha pista sobre o proxecto ao que pertence. A partir desta información, o alumnado debe desprazarse pola aula, comunicarse cos seus compañeiros e compañeiras e cooperar para identificar as persoas que forman parte do mesmo equipo de investigación, poñendo en práctica habilidades de comunicación, dedución e traballo colaborativo. Unha vez formados os grupos, cada equipo recibe unha carta de proxecto na que se describe o tema de investigación e o contexto xeral do estudo.

Posteriormente, os grupos dispoñen dun tempo para preparar unha presentación conxunta na que deben explicar en que consiste o seu proxecto, cales son os obxectivos da investigación, que métodos se empregan e cal é a achega específica de cada disciplina ao estudo. Finalmente, os equipos expoñen o seu traballo ao resto da aula e realízase unha reflexión colectiva sobre a importancia da colaboración entre diferentes especialidades, a diversidade de perfís profesionais na ciencia e o valor do traballo en equipo na construción do coñecemento.
Keywords
Misión Ciencia. Xogo de rol. Investigación científica. Proxectos patrimoniais. Educacion. ESO. Bacharelato.