Áreas de interese
Arqueoloxía da paisaxe, rexistro arqueolóxico.
Nota biográfica
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía (1994). Formou parte do Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe (GIArPa), desenvolvendo traballos de apoio de Control e Seguimento Arqueolóxico, paralelamente realiza Estudos de Terceiro Ciclo presentando o Traballo de Investigación baixo o título: “Contribución ao espazo doméstico na Prehistoria Recente de Galicia. Caracterización e intervención en xacementos afectados polas obras públicas” (1999). No ano 2002 da o salto á arqueoloxía profesional, participando dende ese momento en traballos de diversa índole, prospección e catalogación de bens arqueolóxicos, xestión de impacto, sondeos e excavacións en área, tanto no ámbito rural como no urbano. Entre os años 2016 e 2019 participa en varios proxectos como arqueóloga profesional en Reino Unido en Londres, Cambridge e Birmingham, coa empresa MOLA (Museum of London). No ano 2022 entra a formar parte do equipo do proxecto XSCAPE, Material Minds.