O Incipit é un instituto de investigación do CSIC. A diferenza dos institutos de carácter disciplinar, o Incipit está orientado a investigar sobre un problema común, o patrimonio cultural, independentemente das disciplinas ou enfoques metodolóxicos que se empreguen en cada momento. O Incipit reúne a especialistas de numerosos campos, como antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, astrofísica, educación, filosofía, xeografía, historia, enxeñaría de software, ou lingüística.
O problema común que aborda o Incipit é o patrimonio cultural, en concreto, a cadea de valor do patrimonio e os procesos de patrimonialización (como o patrimonio chega a ser patrimonio). Esta investigación acométese desde múltiples perspectivas, algunhas máis fundamentais e teóricas e outras máis aplicadas e orientadas a produto. Ademais de en Galicia e España, o Incipit desenvolve proxectos en moitos outros países, sobre todo de América do Sur e África Subsahariana.
Como instituto do CSIC, o Incipit non só realiza investigación, senón que tamén leva a cabo accións de formación, divulgación, e prestación de servizos especializados. O CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) é o maior organismo público de investigación de España.
A historia do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) non é moi longa, pero é intensa e, sobre todo, caleidoscópica, porque foi mudando de filiación, de identidade, de sede física e, por suposto, dos seus compoñentes humanos. Hoxe é un instituto de pleno dereito (desde o ano 2019), situado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, no Monte Gaiás, de Santiago de Compostela, e está integrado por preto de cen persoas, pero non sempre foi así.
Desde a súa creación como instituto do CSIC en formación, en 2010, o INCIPIT atravesou os anos da última gran crise económica asumindo diversos sacrificios (sobre todo, en perda de capital humano), ata que logrou manterse a flote e comezar a medrar, a partir do ano 2016, entre outros factores, ao trasladar a súa sede ao extinto Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), no Campus Sur da Universidade de Santiago (USC), con quen compartiu espazos ata o ano 2022.
Pero, para chegar a 2010, houbo que atravesar varias fases que nos fixeron evolucionar desde un innovador e ambicioso proxecto arqueolóxico radicado na Facultade de Historia da USC, nacido en 1987 para investigar o territorio desde a perspectiva da arqueoloxía da paisaxe, de forma diacrónica e atendendo non só á materialidade, senón tamén aos compoñentes imaxinarios e simbólicos.
Este proxecto deu lugar, en 1991, á creación dun Grupo de Investigación especializado en arqueoloxía preventiva e xestión do patrimonio, situado nos baixos da Residencia Universitaria Monte da Condesa, no Campus Sur, unha parte dos seus compoñentes trasladouse progresivamente, a partir do ano 2002, ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) do CSIC, no casco histórico, mantendo unha frutífera Unidade Asociada coa USC ata 2007.
En 2008, a incorporación de especialistas doutros ámbitos distintos da arqueoloxía permitiu transformar o equipo, ampliar a súa orientación ao patrimonio cultural no seu conxunto, así como ao estudo dos procesos sociais e simbólicos vinculados ao patrimonio, e formar un Grupo de Investigación propio, o Laboratorio de Patrimonio (LaPa), que se dotou dunha estrutura organizativa específica (a matriz equilibrada) e foi o xermolo, dous anos máis tarde, do INCIPIT.
Neses dous anos, entre 2008 e 2010, asentáronse unha arquitectura organizativa, unha estrutura política e unha estratexia científica que, con variacións, permitiron consolidar definitivamente o instituto en 2019 e traernos ata o momento actual, mantendo a cohesión do persoal nas fases máis críticas de crecemento e a coherencia dun programa científico sólido, pero flexible e ambicioso.
O Incipit réxese por un plan estratéxico que se revisa periodicamente. O plan estratéxico vixente detállase a continuación.
Estudamos os procesos de construción humana da paisaxe, examinando as súas relacións coas dinámicas económicas, sociais e culturais, e caracterizando a súa evolución a través da prehistoria e a historia. Ademais, tentamos descubrir o concepto de espazo, e secundariamente de tempo e natureza, que guían as accións espaciais do ser humano e serven de base á materialización do ser social en termos espaciais. Inclúe estudos de astronomía cultural e arqueoastronomía.
Estudamos as circunstancias que constitúen o campo de operación das disciplinas que traballan en patrimonio, coa fin de desenvolver indagacións teóricas acerca das súas posibilidades e validez como ferramentas para a xestión da realidade social e produción de valor, especificamente, dentro da parte desta realidade constituída polo patrimonio cultural.
Estudamos os procesos de formación do patrimonio no presente e no pasado. En particular, a subliña céntrase na relación entre o patrimonio cultural, a memoria e mais a identidade, para responder ás seguintes preguntas: ¿Cales son os mecanismos polos que as sociedades producen o seu patrimonio cultural? ¿Cal é o papel dos diferentes axentes sociais implicados nestes procesos? ¿Cal é o papel do patrimonio cultural en tempos de crise? Inclúe estudos de etnografía e arqueoloxía do mundo contemporáneo e de memoria histórica.
Usamos de xeito integrado un conxunto de enfoques diferentes cara ao patrimonio cultural desde disciplinas que non están vinculadas coa interpretación e a xestión de elementos patrimoniais. Isto inclúe a investigación sociolóxica, antropolóxica, económica e política acerca do patrimonio cultural. O obxecto do estudo é o patrimonio cultural en si propio como realidade social, nas súas diferentes dimensións e nun contexto marcado pola sociedade posindustrial e a transición cara a unha socioeconomía baseada no coñecemento.
Estudamos a cultura material a través do rexistro arqueolóxico, enlazando as súas transformacións cos procesos socioculturais presentes en contextos ibéricos, europeos e poscoloniais. Tentamos determinar como os patróns de regularidade e cambios estilísticos se vinculan a procesos de cambio sociocultural e a estratexias de cambio da identidade social en comunidades pasadas e presentes.
Traballamos para crear, seleccionar, desenvolver, analizar, validar, demostrar e espallar as tecnoloxías necesarias para a construción de significado arredor da información que se xera e manexa durante os traballos de investigación e xestión do patrimonio cultural.
O Incipit organízase en torno a unha serie de especialidades e unidades. Cada especialidade céntrase nun ámbito de estudo ou aproximación metodolóxica determinada, mentres que cada unidade, ademais, ofrece servizos ao exterior.
Adícase ao estudo de diferentes aspectos do patrimonio cultural das sociedades actuais, fundamentalmente mediante a metodoloxía de traballo de campo etnográfico.
Adícase á análise e aplicación das teorías e prácticas arqueolóxicas (incluíndo en concreto aportacións desde a arqueoloxía da arquitectura, da cultura material, do presente e da paisaxe) para estudar os procesos de materialización, a súa correspondencia cos contextos socio-culturais pretéritos e actuais, e a súa relación co patrimonio cultural, a súa valorización, e o seu uso no presente.
Adícase ao uso de tecnoloxías da información, e específicamente da enxeñería de software, enxeñería do coñecemento, enxeñería de métodos e teoría de organizacións, para comprender, visualizar, analizar, sintetizar, comunicar e documentar calquera información relevante para os estudos de patrimonio cultural.
Adícase ao uso e desenvolvemento de tecnoloxías para a representación de entidades xeográficas e a análise da información asociada, todo isto aplicado ao estudo do patrimonio cultural. Estas tecnoloxías inclúen os sistemas de información xeográfica e a teledetección.
Ten por misión o estudo dos procesos de valorización xerados en torno ao patrimonio cultural, a valorización dos procesos e resultados de investigación do Incipit, con vistas a incrementar a súa relevancia social conforme á súa estratexia científica, e mais o fomento da participación do Incipit, mediante distintas vías, en procesos de valorización xerados en torno ao patrimonio cultural.
A continuación, resúmese a produción do Incipit dos últimos cinco anos.
2021
2022
2023
2024
2025
Total
2021
2022
2023
2024
2025
Total
Publicacións
159
115
186
200
180
840
Participacións en eventos
247
208
295
339
318
1407
Participacións en eventos
Proxectos financiados
2
4
4
3
1
14
Axudas basais
0
0
0
0
0
0
Produtos científico-técnicos
7
15
59
72
46
199
Produtos científico-técnicos
Traballos académicos
8
17
22
15
11
73
Estancias realizadas
3
5
8
9
5
30
Estancias recibidas
10
14
23
30
13
90
2021
2022
2023
2024
2025
Total
2021
2022
2023
2024
2025
Total
Artigos
83
59
83
101
60
386
Documentos de resultados
3
0
12
21
46
82
Libros editados
1
1
4
6
3
15
Notas ou artigos de prensa
19
3
13
2
3
40
Notas ou artigos de prensa
Números especiais de revistas
3
2
4
4
3
16
Números especiais de revistas
Seccións de libro
40
36
49
57
47
229
2021
2022
2023
2024
2025
Total
2021
2022
2023
2024
2025
Total
Actividades de guía
1
4
10
19
14
48
Congresos
59
52
57
90
63
321
Cursos de grao
5
7
7
8
12
39
Cursos de mestrado
16
10
5
8
10
49
Cursos de posgrao
10
7
13
7
9
46
Cursos independentes
7
6
6
4
3
26
Demostracións
0
0
2
2
0
4
Grupos de ponencias, comunicacións ou charlas
11
8
16
18
15
68
Grupos de ponencias, comunicacións ou charlas
Mesas redondas
8
13
16
9
13
59
Ponencias, comunicacións ou charlas
84
68
106
119
108
485
Ponencias, comunicacións ou charlas
Xornadas
34
21
26
27
34
142
2021
2022
2023
2024
2025
Total
2021
2022
2023
2024
2025
Total
2021
2022
2023
2024
2025
Total
2021
2022
2023
2024
2025
Total
Aplicacións software
0
0
1
1
0
2
Combinados
1
1
4
32
12
50
Conxuntos de datos
2
0
3
5
5
15
Producións audiovisuais
3
14
48
31
24
120
Recursos web
1
0
3
3
5
12
2021
2022
2023
2024
2025
Total
2021
2022
2023
2024
2025
Total
Teses de doutoramento
2
4
6
5
3
20
Teses de mestrado
6
13
15
10
8
52
Traballos de grao
0
0
0
0
0
0
Traballos de posgrao
0
0
1
0
0
1
A actividade do Incipit resúmese anualmente nunha memoria de resultados. A continuación, amósanse as máis recentes.