Rol no centro
César González-Pérez é coordinador da especialidade de tecnoloxías semánticas, participante secundario da especialidade de antropoloxía e responsable de formación interna.
Áreas de interese
Modelado conceptual. Metamodelado. Linguaxes formais. Enxeñería situacional de métodos. Análise de discurso.
Nota biográfica
César é licenciado en Bioloxía Fundamental, diplomado en Computación, máster en Electrónica Aplicada e doutor en Xeografía e Historia. César dirixe unha liña de coinvestigación transdisciplinar en enxeñaría de software e coñecemento, discursos e patrimonio cultural, co obxectivo final de desenvolver as teorías, metodoloxías e tecnoloxías necesarias para comprender e asistir os fenómenos de xeración e comunicación do coñecemento sobre asuntos sociais.