Introdución
Nos últimos anos a aplicación da Fluorescencia de Raios X (FRX) en Arqueoloxía e Ciencias do Patrimonio está acadando un importante desenvolvemento. A proliferación de instrumentos portátiles permite a obtención de datos
in situ e con rapidez, pero require unha formación previa que garanta a calidade dos mesmos. Da man de cualificad@s especialistas, neste curso revisaremos os fundamentos da técnica e a súa aplicación a diferentes tipos de materiais e mostras.

Formato do curso
O curso ten unha duración de 13’5 horas e consta de dúas partes. A primeira (venres 21) consiste en sete seminarios en formato virtual que abordan os fundamentos da Fluorescencia de Raios X e a súa aplicación a diferentes tipos de materiais e mostras no ámbito da Arqueoloxía e as Ciencias do Patrimonio. A segunda parte, en formato presencial, terá lugar o sábado 22 no Pazo de Liñares (Lalín, Pontevedra) e inclúe a presentación de casos de estudo e dúas sesións prácticas.
Programa
Venres 21 de maio (seminarios en formato virtual)
9:30 h.
Presentación e indicacións prácticas10:00 h. Marcos Martinón-Torres (Universidade de Cambridge, Reino Unido)
Mitos e realidades da FRX portátil en arqueoloxía e patrimonio11:00 h. Ignacio Montero Ruiz (Instituto de Historia – CSIC)
Aplicacións da FRX en arqueometalurxia: a experiencia do “Proxecto Arqueometalurxia da Península Ibérica”12:00 h. Pilar Prieto Martínez, Antonio Martínez Cortizas (Universidade de Santiago de Compostela)
Aplicación da FRX á caracterización de cerámica arqueolóxica de Galicia13:00 h. Javier G. Iñáñez (Universidade do País Vasco)
Faise camino ó andar: Retos na aplicación da FRX portátil en cerámicas de época modernaDe 14:00 a 16:30 h.
Pausa16:30 h. Simona Scrivano (Centro Nacional de Aceleradores, Sevilla)
Aplicación da técnica de micro-FRX ó estudo de bens culturais17:30 h. Lucía Pereira Pardo (The National Archives, Reino Unido)
Do mural á miniatura. Análise non invasora de materiais pictóricos con espectroscopía de FRX18:30 h. Noemí Silva-Sánchez (Incipit – CSIC)
Achegas da FRX á arqueoloxía ambiental: matrices edáficas minerais e orgánicasSábado 22 de maio (Pazo de Liñares)
Presentación de casos de estudo10:00 h. Xosé-Lois Armada, Óscar García-Vuelta (Incipit e Instituto de Historia – CSIC)
Non é ouro todo o que reloce: a FRX no estudo da ourivería dos castros do NW ibérico10:30 h. Olalla López Costas, Zaira García López (Universidade de Santiago de Compostela)
Necrosol e esqueletos: antes e despois da morte a través da FRX11:00 h. Rosarosa Manca (Università degli Studi di Firenze, Italia)
Aplicación da técnica de espectroscopía de Raios X ó estudo de esmaltes de estaño sobre cerámicas11:30 h.
Pausa e visita ás instalacións do Pazo de Liñares12:00 h. Sesión práctica (Xosé-Lois Armada, María G. Faro, Pau Sureda)
Protección radiolóxica e operacións básicas con FRX portátilDe 14:00 a 16:30 h.
PausaDe 16:30 a 18:30 h. Sesión práctica (Xosé-Lois Armada, Noemí Silva-Sánchez)
Factores de corrección. Interpretación de datosAforo e inscricións
Por razóns prácticas e de prevención ante a covid-19 o aforo máximo do curso é de 20 persoas. O custo da matrícula é de
15 euros. As persoas interesadas en inscribirse deben contactar por correo electrónico á secretaría do curso (mariag.faro@incipit.csic.es), que lles fará chegar as indicacións para completar o proceso. O prazo de inscrición remata o
martes 18 de maio.Entregarase un certificado de asistencia ás persoas participantes.
Organización do curso
Comisión organizadoraXosé-Lois Armada (Director do curso): xose-lois.armada@incipit.csic.esNoemí Silva-Sánchez: noemi.silva-sanchez@incipit.csic.esPau Sureda Torres: pau.sureda@incipit.csic.esMaría G. Faro (secretaría): mariag.faro@incipit.csic.esEste curso, cuxa dirección científica corresponde ó Incipit – CSIC, é froito do
Convenio de Encomenda de Xestión entre a Deputación de Pontevedra e o Consello Superior de Investigacións Científicas para realizar prospeccións, escavacións e estudos de materiais en xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra, suscrito por ambas entidades o 30 de outubro de 2020.
Máis información
Enlace