Asinan
Antonio Martínez Cortizas (organizador)
Antonietta Elia (organizadora)
Olalla López Costas (organizadora)
Resumo
Achegaremos un coñecemento interdisciplinar básico sobre os cambios ambientais e a súas implicacións para as sociedades pasadas e a nosa sociedade actual, poñendo especial atención á compresión do papel das actividades humanas no cambio ambiental e aos aspectos relacionados cos impactos dos cambios globais (cambio climático, contaminación atmosférica, etc.) nos dereitos humanos (dereito a saúde, dereito a un medioambiente saudábel, seguridade cidadán ante o cambio climático, etc.).As xornadas cubrirán aspectos relacionados con: i) como construir unha historia dos cambios ambientais?, ii) que sabemos dos cambios no clima?, iii) que coñecemento temos sobre a contaminación da atmosfera dende épocas prehistóricas?, iv) como afectaron as actividades humanas os cambios na vexetación e a paisaxe?, v) que influencia tiveron os cambios inducidos polas actividades humanas na saúde dos propios humanos?, vi) que é o cambio global e cándo comezou?, vii) cales son as principais implicacións sociais do cambio global?, viii) como afectan os cambios globais ós dereitos humanos?, e ix) que aspectos da seguridade humana e ambiental son os máis afectados e qué medidas se propoñen para afrontalos?