Resumo
O obxectivo desta mesa redonda é facer un balance divulgativo do traballo realizado ata o presente en torno a un dos conxuntos máis salientables da ourivería castrexa: o Tesouro de Recouso.Atopado de maneira casual nun castro do concello de Oroso en torno a 1920, na actualidade o conxunto está composto por 16 arracadas, diversos elementos de suspensión, tres lingotes planoconvexos e unha masa de fundición. Conservado dende o ano 2002 no Museo das Peregrinacións e de Santiago, trátase a día de hoxe do conxunto de ourivería castrexa estudado cun maior número de técnicas analíticas.
Palabras chave
Ourivería. Idade do Ferro. Castros. Arqueometría. Arqueometalurxia.