Xornadas

A Xeración de Valor Social a través do Patrimonio

2023. Galego

Asinan
Elena Cabrejas (relatora)
David Barreiro (relator)
Resumo
Presentación do concepto de valor e transferencia manexado polo INCIPIT e tres dos nosos casos de éxito, dentro da xornada de presentación da primeira edición do “Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais (HCS)”, que amplía a liña de formación e desenvolvemento profesional que impulsa o Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento. Este evento está organizado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié. A presentación realizouse na sede de FEUGA en Santiago de Compostela o día 11 de xullo e nela participaron outros representantes do Sistema Galego de I+D+i, concretamente das tres universidades.

Este curso/programa, que se desenvolverá entre outubro de decembro de 2023, vai dirixido ao persoal investigador e ao persoal xestor da transferencia dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i dedicados a disciplinas HCS. O obxectivo do programa é impulsar a valorización e a transferencia nestas disciplinas, ofrecendo un conxunto de coñecementos e ferramentas específicos para achegar as capacidades e resultados de investigación ao mercado e á sociedade; ademais a formación compleméntase con mentoría especializada para os proxectos máis prometedores.
Palabras chave
Transferencia de coñecemento. Valorización. Innovación social. Mentoría.