Resumo
Palcos en Festa» xorde como culminación do traballo de investigación do proxecto PALCOS que busca poñer en valor os palcos como elementos únicos do noso patrimonio material e inmaterial. Ao longo desta tarde aberta ao público, presentaranse os achados e creacións desenvolvidas polo proxecto Palcos e os seus colaboradores, amosando como estas estruturas aparentemente simples encerran historias complexas de tradición, comunidade e identidade.A xornada pretende ser máis ca unha presentación: busca xerar conversas significativas entre persoas da academia e o tecido social que fai posible cada festa, creando pontes que enriquezan a comprensión mutua do noso patrimonio festivo. Será un espazo para descubrir, compartir e celebrar xuntos o traballo realizado.