Resumo
𝐎 𝐀𝐑𝐐𝐔𝐄𝐎́𝐋𝐎𝐆𝐎 𝐃𝐀𝐕𝐈𝐃 𝐆𝐀𝐑𝐂𝐈́𝐀 𝐂𝐀𝐒𝐀𝐒 𝐋𝐄𝐕𝐀 𝐀 𝐂𝐀𝐁𝐎 𝐔𝐍 𝐄𝐒𝐓𝐔𝐃𝐈𝐎 𝐒𝐎𝐁𝐑𝐄 𝐎𝐒 𝐂𝐇𝐎𝐙𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐀𝐒𝐀𝐑𝐈𝐍̃𝐎𝐒, 𝐍𝐀 𝐋𝐀𝐗𝐄 (𝐅𝐎𝐑𝐍𝐄𝐋𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐌𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒) 𝐐𝐔𝐄 𝐎𝐒 𝐃𝐀𝐓𝐀 𝐍𝐎 𝐒𝐄́𝐂𝐔𝐋𝐎 𝐗𝐕𝐈𝐈𝐈Esta mañá no programa matinal de RADIO NOVA, Antón Xil entrevistou ao arqueólogo David García Casas que está levando a cabo un proxecto de investigación para o Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) e o CSIC que ten por obxecto os chozos da Serra do Suido. Así, neste verán un equipo formado por 6 arqueólogos investigaron os chozos localizados en Casariños, na Laxe (Fornelos de Montes) que deron como resultado do uso do carbono 14 que foron utilizados no século XVIII para o aproveitamento gandeiro.Antón Xil agradeceu tanto a David García como ao presidente da Comunidade de Montes da Laxe, José Antonio Avión, o traballo de estudio e recuperación do patrimonio histórico da comarca que pon de relevo a importancia que a Serra do Suido tivo ao longo dos séculos na cría e comercialización do gando que chegou incluso a ser exportado a través do porto de Pontevedra cara Inglaterra e o norte de Europa.
Palabras chave
Arqueología. Entrevista. Socialización. Patrimonio.