Produción audiovisual

Proxecto Palcos. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega

2024 (versión 1). Galego

Resumo
PALCOS é un proxecto de investigación que pretende mapear, catalogar e documentar os palcos de música repartidos polo territorio galego. Buscamos palcos vivos, reapropiados, fósiles ou lembrados. Buscamos aqueles palcos modestos de bloques, ladrillos ou formigón, rebocados ou sen rebocar, con ou sen ornamentación, en bo ou mal estado. Tamén queremos recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao seu redor. Podes colaborar en www.palcos.gal

Redes sociais do proxecto: Web (palcos.gal); Instagram (@palc_o_s); Facebook (ProxectoPalcos). Proxecto do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC) financiado por Axencia Galega de Innovación (GAIN). Coa colaboración de Rexenerando S. Coop. Galega.
Palabras chave
INCIPIT-CSIC. Ciencias sociais. Social Sciences. Antropoloxía. Anthropology. Palcos de música. Cultura material. Festa. Paisaxe rururbana galega. Galicia. Verbena. Axencia Galega de Innovación. GAIN.