Produción audiovisual

Arqueoloxía da festa. Que permanece cando remata a celebración? Instalación multimodal no Museo Centro Gaiás

2025 (versión 1). Galego

Asinan
Matilde Meireles (autora)
Resumo
Arqueoloxía da festa é unha instalación multimodal que rastrea os sedimentos acústicos dun campo da festa abandonado en Portomouro (Val do Dubra). Usando o son como a nosa ferramenta arqueolóxica principal, este proxecto revela como as paisaxes gardan pegadas temporais—capas de celebración humana gradualmente negociadas co mundo máis-que-humano. Aproximámonos ao espazo limiar do campo da festa de Portomouro como un ecosistema activo, empregando a arqueoloxía sónica para revelar múltiples capas temporais entrelazadas en interacción dinámica. Ao longo de doce meses, combinamos ferramentas arqueolóxicas e etnográficas con diversas formas de gravación de campo (incluíndo técnicas estendidas), documentación visual e historias orais compartidas polos residentes locais. Esta aproximación multimodal permitiunos pór de manifesto como diferentes temporalidades—xeolóxicas, humanas e ecolóxicas—se transforman mutuamente de forma activa.
Palabras chave
Patrimonio cultural. Cultural Heritage. Instituto de Ciencias del Patrimonio. Institute of Heritage Sciences. INCIPIT-CSIC. Divulgación científica. Arqueología. Archaeology. Antropología. Anthropology. Etnografía. Proxecto Palcos. Instalación multimodal. Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela.