Artigo

Habelos, hainos. Detección remota de indicios arqueolóxicos mediante fotografía aérea e Lidar en Galicia

2021. Galego

Resumo
Varios factores explican que a chamada “arqueoloxía aérea” (a detección de elementos arqueolóxicos mediante fotografía aérea e medios semellantes) teña tido moi pouco desenvolvemento en Galicia. Porén, a crecente dispoñibilidade de fontes de información de acceso público (ortofotografías, imaxes de satélite, dados Lidar) está a mudar este panorama. Neste artigo repasamos eses factores e presentamos os múltiples indicios de novos elementos arqueolóxicos, non visibles en superficie, que foron identificados nun recente traballo na contorna dun amplo conxunto de castros nas provincias de A Coruña e Lugo. Entre os máis de mil elementos identificados hai posibles estruturas soterradas na contorna dos castros (foxos, posibles camiños, restos de parcelas...), trazas de partes dos sistemas defensivos hoxe desaparecidas e mesmo un par de ducias de posibles novos castros. Todos estes achados, que foron feitos de forma inicialmente casual, no marco doutra investigación, e usando só datos públicos de propósito xeral, xustifican a potencialidade de desenvolver proxectos nesta dirección mediante o uso de plataformas, sensores e planificacións de toma de imaxes especificamente deseñados coa finalidade de documentar elementos arqueolóxicos.
Palabras chave
Arqueoloxía aérea. Fotografía aérea. Lidar. Castros. Idade do Ferro. Galicia.
Revista ou serie
Cuadernos de Estudios Gallegos