Resumo
Esta é unha pequena escultura feita sobre un bloque de gneis granítico bastante plano (cun lado lixeiramente cóncavo) e de forma ovalada, de 42 cm de longo por 32 cm de ancho máximo e un espesor de 5 cm. A pedra natural foi tallada moi superficialmente para representar de xeito moi xeral unha figura humana: con só unhas poucas entalladuras ou extraccións e puídos do contorno do bloque modeláronse as formas naturais para marcar a cabeza, os ombreiros, uns apéndices que poden representar os brazos, uns rebaixes para indicar a cintura e cadeiras e, rematando a base da escultura, un semicírculo apuntado. Conforma o que o seu descubridor, Antón A. Rodríguez Casal, chama «estela de tipo cruciforme» ou «estela antropomórfica». É unha das primeiras manifestacións da representación humana no noroeste da Península Ibérica e estelas coma esta teñen aparecido ennumerosas ocasións en Galicia.
Información do libro
Catálogo de la Exposición Galicia 100. Obxetos para contar unha cultura
2016
Consello da Cultura Galega
Edición 2016
Páxinas 47-48