Supervisor
Jose Carlos Sánchez Pardo
Resumo
Ao longo do noroeste peninsular existe unha concentración de xacementos fortificados que non poden ser denominados como castros -entendidos estes como da Idade do Ferro ou romanización- nin castelos da Plena ou Baixa Idade Media. Estes xacementos apenas coñecen estudos arqueolóxicos en profundidade. Con este traballo intentamos rectificar esta situación, aplicando metodoloxía arqueolóxica ao estudo dunha selección desde tipo de xacementos.
Palabras chave
Recintos fortificados en altura. Control territorial. Galiza. Arqueoloxía das fortificacións. Prospección.