Resumo
Os machados de talón realizados en aliaxes ternarias de cobre-estaño-chumbo (bronces chumbados) supoñen unha importante fonte de información para as investigacións arqueolóxicas sobre a metalurxia na transición Bronce Final – Idade do Ferro da Europa atlántica. Para o estudo destes materiais, realízanse análises instrumentais que poden comprometer a conservación das pezas e facer necesaria a súa posterior intervención, como é o caso dos machados do depósito de Ameixenda (Ames, A Coruña). Dita problemática abordouse neste TFE a través dun plan de traballo interdisciplinar que contemplou tanto a caracterización dos machados como o deseño dunha proposta de intervención que garanta a súa conservación sen comprometer a realización de futuras análises.
Palabras chave
Conservación. Metalurxia. Machados de talón. Bronce Final.