AFOUTEZA

Prospección xeofísica con magnetometría en Coto dos Mosquitos (Mos, Pontevedra)

Liderado por
Resumo
Contrato de Apoio Tecnolóxico para a intervención que ten como obxectivo valorar a

existencia de posibles restos arqueolóxicos soterrados mediante técnicas de prospección xeofísica no sitio coñecido como Coto dos Mosquitos (Mos, Pontevedra) no contexto de construción de Afouteza, a futura cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo. Esta intervención realizarase a petición de Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) coordinador dos traballos arqueolóxicos. A intervención xeofísica será executada no mes de Xullo de 2024 dende a infraestrutura - Laboratorio de Paisajes Digitales do INCIPIT-CSIC, da que forma parte a Unidade de Servicios DL-Lab.
Palabras chave
Magnetometría. Apooyo tecnológico. DL-lab.
Período de realización
03/07/2024 - 30/09/2024
Grao de participación
En solitario
Modo de financiamento
Privado competitivo
Subliñas de investigación
Arqueoloxía da Paisaxe e Paisaxes Culturais