O 7 de setembro levouse acabo no INCIPIT unha actividade da Comunidade XSCAPE. Englobada dentro do proxecto Synergy Grant para o proxecto de Mentes Materiais XSCAPE. Con sede no INCIPIT, CSIC en Santiago de Compostela. A comunidade XSCAPE baséase na creación dun grupo de persoas voluntarias que queiran pertencera o noso proxecto dalgún modo, e nos queiran axudar participando en experimentos durante os anos que dure o proxecto. A cambio a comunidade ofrece actividades gratuítas de ciencia e divulgativas onde pasar un bo momento e coñecer xente. A primeira destas actividades foi un taller de cerámica neolítica para todos os públicos e idades. Esta actividade, gratuíta, foi a primeira dirixida a esta comunidade, da cal saen os voluntarios para os experimentos que levamos a cabo.
A actividade foi todo un éxito. Achegáronse ata o centro 11 participantes de diversa idade dos cales dous eran nenos. O taller comezou cunha breve explicación do proxecto por parte de Alba, unha psicóloga e técnica do proxecto, que explicou o porque da creación desta comunidade. Queremos que sexa un espazo onde aparte de divulgar ciencia, se pase un bo momento e se comparta tempo de calidade mentres se aprende. Ademais, así dámonos a coñecer e todas aquelas persoas que queiran, poden achegarse a facer os experimentos que esteamos desenvolvendo nese momento.Logo proseguiu con Yolanda, que é unha das arqueólogas do centro que traballa en divulgación. Yolanda explicou como se facía a cerámica no Neolítico e impartiu un taller para que cada un dos participantes fixera un pequeno cunco prehistórico con cerámica. Por último, decoramos as pezas coa decoración típica da época. Aínda que non puidemos levar a cabo o proceso de cocción no taller, explicouse como era o proceso de cocción baixo terra dos nosos antepasados. O taller foi todo un éxito que esperamos poder repetir senón é con esta con outras temáticas. Os participantes déronnos un feedback moi positivo e pasaron unha boa tarde. Están desexando volver a máis actividades e mostráronse moi colaborativos para facer os futuros experimentos. Foi o primeiro dos pasos que esta comunidade ten que ofrecer. A ciencia facémola entre todos e todas.