Resumen
Dentro da arqueoloxía cognitiva, unha das aproximacións que facilita a realización de estudos experimentais é a integración visoespacial, a propiedade que nos permite relacionar corpo e espazo, onde a visión desenvolve un papel fundamental. A través da unión de técnicas empregadas nas ciencias cognitivas e o rexistro arqueolóxico podemos estudar os procesos de atención desencadenados no ser humano ao interactuar coa industria lítica. Neste sentido, coñecer os cambios no comportamento visual permítenos achegarnos ás habilidades cognitivas dos nosos antepasados