Ponencia, comunicación o charla

Habelas, hailas!

Café Incipit:

2024. Galego

Resumen
Como non me apetecía entrar en cuestións de divulgación ou arqueoloxía, vouvos falar dun tema que sempre me espertou moita curiosidade: os rituais curativos, tanto naturais como sobrenaturais (estes últimos son os máis fascinantes), presentes na medicina e na veterinaria populares galegas.

A través dun corno, unhas pólas de bantieiro e unha peneira, veremos como se materializan algúns remedios empregados para sanar os males do corpo e da alma e, finalmente, poderemos aportar opinións de como estes métodos poden ter un impacto real na saúde e benestar das persoas e animais.
Palabras clave
Medicina popular. Veterinaria popular.