Sección de libro

Entrada 3. Estela antropomórfica. Mazaricos. 3200-2500 a. C. Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón. A Coruña

2016. Galego

Resumen
Esta é unha pequena escultura feita sobre un bloque de gneis granítico bastante plano (cun lado lixeiramente cóncavo) e de forma ovalada, de 42 cm de longo por 32 cm de ancho máximo e un espesor de 5 cm. A pedra natural foi tallada moi superficialmente para representar de xeito moi xeral unha figura humana: con só unhas poucas entalladuras ou extraccións e puídos do contorno do bloque modeláronse as formas naturais para marcar a cabeza, os ombreiros, uns apéndices que poden representar os brazos, uns rebaixes para indicar a cintura e cadeiras e, rematando a base da escultura, un semicírculo apuntado. Conforma o que o seu descubridor, Antón A. Rodríguez Casal, chama «estela de tipo cruciforme» ou «estela antropomórfica». É unha das primeiras manifestacións da representación humana no noroeste da Península Ibérica e estelas coma esta teñen aparecido en

numerosas ocasións en Galicia.
Información del libro
Catálogo de la Exposición Galicia 100. Obxetos para contar unha cultura
2016 Consello da Cultura Galega
Edición 2016
Páginas 47-48