Resumen
O presente proxecto de actuación arqueolóxica encádrase dentro dunha serie de traballos de investigación adicados ao desenvolvemento de metodoloxías baseadas en tecnoloxías non invasivas. Estes teñen como obxectivo principal, desenvolver o emprego destas metodoloxías para a detección e documentación de elementos arqueolóxicos.Este traballo oriéntase a detección e documentación de estruturas asociadas ás paisaxes megalíticas. Entendendo por estas non soamente estruturas arqueolóxicas funerarias do Neolítico/Bronce Final, tamén estruturas características destes paisaxes nun sentido diacrónico. Preténdese así, non soamente detectar novas estruturas a partir de modelos dixitais (LiDAR/Ortofotos/Prospeción xeofísica), senón tamén caracterizar estas estruturas segundo a súa forma e tamaño, así como documentar a relación co seu entorno en termos tanto de accesibilidade como de percepción visual.
Palabras clave
Prospección xeofísica. Megalitismo.