Sobre la charla: As metáforas axúdannos a comprender conceptos complexos ou situacións que aínda non vivimos. Un exemplo paradigmático é a asociación que adoitamos facer entre o contraste en branco e negro, na nosa visión, co antagonismo moito máis abstracto do ben e do mal, no noso comportamento moral. A cuestión é se esta metáfora ten algunha base no funcionamento do noso cerebro. É dicir, o noso "sentido" moral ten algunha relación coa visión? Os nosos resultados máis recentes mostran que tanto as decisións visuais como morais usan os mesmos mecanismos neuronais e unha estratexia común: sempre vemos e decidimos en función do contexto. Durante esta charla comentarei o que esta nova evidencia nos di sobre a función e a evolución do cerebro.Sobre Luis: dirixe o Programa de Cognición Humana e o Laboratorio de Analoxías Visuais do Instituto de Neurociencias de Alacante, centro mixto da Universidade Miguel Hernández e do Consello Superior de Investigacións Científicas. Previamente, formouse na Universidade Rockefeller de Nova York baixo a dirección de Torsten N. Wiesel, premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía en 1981. No seu traballo utiliza un enfoque marcadamente multidisciplinar, que inclúe a neurociencia cognitiva e computacional, a arqueoloxía, a filosofía, as ciencias sociais, a maxia e a arte. O seu principal interese é comprender como a memoria, o razoamento, a intuición e o contexto social condicionan o noso comportamento e a percepción da realidade. É autor de numerosos artigos científicos, ensaios e columnas de opinión, así como de dous libros sobre neurociencia e cognición humana, incluíndo The Illusionist Brain de Princeton University Press. O seu traballo está financiado polas máis prestixiosas institucións internacionais, como o European Research Council (ERC) e a Human Frontiers Science Project Organization (HFSP), e apareceu en numerosos medios, entre eles varios documentais de televisión, tanto en España como no estranxeiro