Mulleres Raíz

Ciencia cidadá con mulleres de idade avanzada e/ou deterioro cognitivo, para a recuperación do patrimonio musical

Financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (FCT-24-21685).

Mulleres como Carmen, que tecía, criaba, labraba, limpaba... e ademais cantaba

Mulleres Raíz ten como obxectivo promover a participación activa de mulleres do rural -especialmente aquelas de idade avanzada e/ou con deterioro cognitivo leve ou moderado- na recuperación, análise e preservación do patrimonio cultural e musical vinculado aos oficios que desenvolveron nas súas comunidades.

O proxecto persigue, por unha banda, visibilizar os oficios e saberes das mulleres no rural, poñendo en valor tarefas tradicionalmente desempeñadas por elas, historicamente consideradas labores secundarias, domésticas e informais.

Por outra banda, pretende contribuír a recuperar a música de raíz, os ritmos e melodías que acompañaban a vida cotiá: músicas interpretadas con instrumentos elaborados a partir de recursos naturais do entorno inmediato (como ósos, follas ou pallas) ou mesmo con ferramentas propias dos oficios, como unha rede de pesca.

A iniciativa destaca polo seu enfoque inclusivo, que non só procura recompilar datos para a investigación científica, senón tamén mellorar o benestar emocional, cognitivo e social das participantes. Un dos seus eixos centrais é situar ás mulleres no centro, reforzando o seu papel na sociedade e converténdoas en protagonistas do proceso investigador.

Así mesmo, Mulleres Raíz promove un enfoque interxeracional, establecendo pontes entre estas mulleres e a mocidade, a través de diversas actividades no IES de Paralaia (Moaña). Isto facilita a transmisión de saberes e enriquece o diálogo, reforzando os vínculos comunitarios.

O proxecto, financiado pola FECYT na convocatoria 2024 e promovido polo INCIPIT-CSIC (Instituto de Ciencias do Patrimonio) a través da súa Unidade de Valorización (UVa), desenvolverase nos centros de AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo), e contará coa colaboración da Fundación Legar, especializada na promoción e preservación da música de raíz.

Prevese a realización de seis actividades de mapeo de actores e co-deseño, así como seis obradoiros participativos nos que se implicará alumnado de Bacharelato. Como culminación, celebrarase un evento final protagonizado polas propias mulleres participantes, no que recrearán e interpretarán artisticamente as músicas e oficios tradicionais documentados ao longo dos obradoiros, acompañadas por un músico profesional e polo alumnado.

Paralelamente, elaborarase un audiovisual que recolla o proceso de traballo e crearase un arquivo dixital sonoro cos resultados, que se compartirá baixo licenzas abertas.

Mulleres Raíz será presentado o próximo día 11 de decembro nos centros de AFAMO e desenvolverase durante o ano 2026 e primeira metade do 2027.