O INCIPIT no catálogo das 100 tecnoloxías do CSIC 2024

Dúas das tecnoloxías e capacidades máis avanzadas do INCIPIT no novo catálogo coas 100 tecnoloxías do CSIC

Elena Cabrejas
29/04/2024

Con motivo do Día Mundial da Propiedade Industrial e Intelectual, que se celebra tódolos anos o 26 de abril, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) presentou un catálogo que recopila un centenar das súas tecnoloxías punteiras en áreas do coñecemento como a agricultura, biotecnoloxía, enerxía e humanidades, entre outras. As tecnoloxías presentadas atópanse nun avanzado nivel de desenvolvemento, plantean enfoques innovadores e ofrecen vantaxes frente ás xa comercializadas, o que as sitúa nunha posición destacada para a súa transferencia ao mercado co obxectivo de contribuir ao desenvolvemento da sociedade.

A presentación do catálogo, que tivo lugar no espazo Converge, o hub de innovación aberta do CSIC, contou coa presenza da presidenta da institución, Eloísa del Pino; e a directora da Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), Aida Fernández.

O INCIPIT incorpora a este catálogo dúas das súas tecnoloxías ou capacidades con máis alto nivel de madurez como son a Análise de discursos sociais e o Laboratorio de arqueobotánica.

Podes acceder ao catálogo a través do seguiente enlace https://www.csic.es/sites/default/files/2024-04/Tecnolog%C3%ADas_CSIC_2024.pd