Artigo

Antropoloxía(s) en Galiza na actualidade

2020. Galego

Resumo
O obxectivo deste artigo é facer unha cartografía da institucionalización

da Antropoloxía na Galiza actual en diferentes ámbitos, entre outros,

universidade, organismos públicos de investigación, museos e empresas. Este

percorrido presentarase a través do eixe da estabilidade-precariedade da Antropoloxía,

analizando os efectos desta tensión. Para poder facer a cartografía o

artigo artéllase en tres partes. Primeiro preséntase a modo de contexto histórico

unha selección de fitos que marcan o desenvolvemento da Antropoloxía en

Galiza. Segundo, preséntanse os ámbitos, institucións e escalas da(s) Antropoloxía(

s) na actualidade; e, por último, explícanse os proxectos asociativos de

tipo profesional da Antropoloxía en Galiza a través da Asociación Galega de

Antropoloxía (AGANTRO) e a participación desta a nivel estatal cos cambios

nos últimos anos producidos na Asociación de Antropoloxía do Estado Español

(ASAEE).
Revista ou serie
Boletín da Real Academia Galega
Volume 380
Páxinas 185-195