Summary
O obxectivo deste artigo é facer unha cartografía da institucionalizaciónda Antropoloxía na Galiza actual en diferentes ámbitos, entre outros,universidade, organismos públicos de investigación, museos e empresas. Estepercorrido presentarase a través do eixe da estabilidade-precariedade da Antropoloxía,analizando os efectos desta tensión. Para poder facer a cartografía oartigo artéllase en tres partes. Primeiro preséntase a modo de contexto históricounha selección de fitos que marcan o desenvolvemento da Antropoloxía enGaliza. Segundo, preséntanse os ámbitos, institucións e escalas da(s) Antropoloxía(s) na actualidade; e, por último, explícanse os proxectos asociativos detipo profesional da Antropoloxía en Galiza a través da Asociación Galega deAntropoloxía (AGANTRO) e a participación desta a nivel estatal cos cambiosnos últimos anos producidos na Asociación de Antropoloxía do Estado Español(ASAEE).
Journal or series
Boletín da Real Academia Galega