Asinan
Francisco Núñez Alonso (autor)
Resumo
Reproducción facsimilar do folleto Manuela Lopes Rey. A muller lirio, Manuela Lopes Rey, é un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa da aldea da Pradela na actual parroquia de San Vicente de Trigás, e acaba na Praça da Figueira de Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa, de Galicia a Portugal. De 1842 a 1866. Sendo nena foi adoptada por unha compañía de teatro itinerante coa que actuou en Palencia, León, Bragança, Viana do Castelo, Valença, Ponte de Lima, Régua ou Porto. Sendo moza, a compañía teatral desfíxose e Manuela probou sorte en Lisboa. Alí chegou a ser primeira actriz do elenco estable do Teatro Nacional Dona Maria II e convertiuse en escritora e dramaturga.