TechArtHist

Historia da arte técnica. A materialidade da cor a través de análises non invasivas e tecnoloxías dixitais

Resumo
TechArtHist pretende desenvolver a disciplina de Historia da Arte Técnica aplicada ao vasto, diverso e rico patrimonio cultural do estado español, en diálogo coas súas conexións europeas e globais. A cor é o fío condutor do proxecto: a súa produción, uso, percepción, cambios e reconstrucción (dixital), nunha variedade de obras (dende manuscritos iluminados ata téxtiles, pasando por pintura mural e escultura policromada). A metodoloxía empregada para a caracterización material de tintas, pigmentos e colorantes fundaméntase en técnicas de análise non invasiva, en particular de imaxe avanzada (imaxe multi e hiper spectral, escaneado de fluorescencia de raios X, microscopía 3D…) e procesado asistido por IA. O proxecto seenta as bases para o establecemento dun laboratorio especializado para investigacións de historia da arte técnica, así como de colaboracións multidisciplinares tanto no ámbito académico coma dos profesionales de museos, bibliotecas e arquivos.
Palabras chave
Ciencias do patrimonio. Historia da arte técnica. Técnicas pictóricas. Caracterización de materiais artísticos. Pigmentos e tintes. Análise non invasiva. Imaxe espectral. IA para procesado e análise de imaxe.
Período de realización
01/01/2023 - 31/12/2027
Grao de participación
En solitario
Modo de financiamento
Público competitivo
Subliñas de investigación
Cultura Material e Procesos de Formalización do Patrimonio Cultural
Axentes
Agencia Estatal de Investigación
Financiador
European Union
Financiador
Ministerio de Ciencia e Innovación
Financiador