Summary
Nos últimos anos a aplicación da Fluorescencia de Raios X (FRX) en Arqueoloxía e Ciencias do Patrimonio está acadando un importante desenvolvemento. A proliferación de instrumentos portátiles permite a obtención de datos in situ e con rapidez, pero require unha formación previa que garanta a calidade dos mesmos. Da man de cualificad@s especialistas, neste curso revisaremos os fundamentos da técnica e a súa aplicación a diferentes tipos de materiais e mostras.
Keywords
Fluorescencia de Raios X. Arqueometría. Patrimonio Cultural. Cultura Material.