Summary
Este seminario é un convite a pensar a práctica etnográfica desde o sonoro. Como todas e todos sabemos, a etnografía non só reflicte unha forma holística e naturalista de ver o mundo, senón que tamén pode entenderse como unha forma de estar nel como participante activo. O papel central do son como mediador entre o corpo e a contorna, xunto á súa capacidade para mobilizar subxectividades e imaxinarios, colocou recentemente o son e a escoita no centro da investigación etnográfica. Así, partindo da proposta de Steven Feld de explorar as posibilidades do son como unha forma de coñecemento situado e relacional, esta sesión tentará xerar unha discusión acerca do que podería ser unha antropoloxía sonora, así como das implicacións e posibilidades de facer etnografía a través do son