Mini-conference

PALCOS en festa! Celebrando o patrimonio festivo

2026. Galician

Summary
Palcos en Festa» xorde como culminación do traballo de investigación do proxecto PALCOS que busca poñer en valor os palcos como elementos únicos do noso patrimonio material e inmaterial. Ao longo desta tarde aberta ao público, presentaranse os achados e creacións desenvolvidas polo proxecto Palcos e os seus colaboradores, amosando como estas estruturas aparentemente simples encerran historias complexas de tradición, comunidade e identidade.

A xornada pretende ser máis ca unha presentación: busca xerar conversas significativas entre persoas da academia e o tecido social que fai posible cada festa, creando pontes que enriquezan a comprensión mutua do noso patrimonio festivo. Será un espazo para descubrir, compartir e celebrar xuntos o traballo realizado.