Summary
No verán do ano 2003, dentro dos traballos da construción da Vía de Alta capacidade do Morrazo do corredor do Morrazo foi realizada unha escavación arqueolóxica nun dos xacementos senlleiros do Neolítico en Galicia. Coa intervención incrementouse o conxunto de material cerámico e lítico rexistrado ata o momento. Ademais foi documentado un conxunto de buratos de poste, aínda que algúns deles de dubidoso orixe. A lectura estratigráfica da escavación induce a pensar que o nivel arqueolóxico fértil foi desprazado polos procesos erosivos acontecidos no lugar tras o abandono do sitio, debido fundamentalmente á posición topográfica do sitio. No verán de 1998, por mor das obras da gasificación de Galicia, levouse a cabo unha intervención arqueolóxica no xacemento de Monte Buxel (Pazos de Borbén). O xacemento fora localizado pola aparición de material cerámico e lítico espallado pola pista de obra, tanto no oleoduto como no gasoduto. Durante a escavación foi documentado material cerámico e lítico, así como un conxunto de estruturas escavadas na rocha entre as que destacaban as estruturas globulares de gran tamaño. A escavación ofreceu un rexistro completo do proceso de abandono e colmatación que sufriron estas grandes estruturas unha vez caeron en desuso.
Keywords
Neolítico. Cerámica pre-incisometopada. Tradición Campaniforme. Buratos de poste. Procesos postdeposicionais. Idade do bronce. Foxas. Sedimentación. Procesos postdeposicionais. Almacenamento.