Talk

Fundir para enterrar? Novas perspectivas sobre depósitos metálicos e produción metalúrxica na Europa atlántica (s. XII-VII BC)

2019. Galician

Presenter
Summary
Grandes cantidades de bronce -que suman varias toneladas- foron enterradas en forma de depósitos aparentemente illados durante as fases finais da Prehistoria europea, sobre todo durante a Idade do Bronce e comezos da Idade do Ferro. Esta práctica amosa unha especial intensidade na Europa atlántica e segue plantexando numerosas incógnitas, malia ter sido obxecto, dende hai décadas, de intensas investigacións e debate científico.

O obxectivo do noso relatorio é presentar unha síntese dos traballos que vimos desenvolvendo nos últimos anos sobre os depósitos metálicos en diversas áreas da Europa atlántica, salientando a notable variabilidade do fenómeno e tentando explicar as súas causas. Estes depósitos achegan información sobre prácticas rituais e de amortización de riqueza, pero tamén constitúen unha fonte privilexiada para o coñecemento da produción e circulación do metal. Faremos tamén unhas breves observacións sobre a problemática patrimonial deste rexistro.
Keywords
Arqueometalurxia. Arqueometría. Depósitos metálicos. Europa atlántica. Bronce Final. Idade do Ferro.