Workshop

Taller "Arqueólogas por 1 día"

2026. Spanish

By
Elena Cabrejas (guide/assistant)
María G. Faro (guide/assistant)
Yolanda Seoane-Veiga (guide/assistant)
Summary
Elena Cabrejas, María Faro e Yolanda Seoane, arqueólogas do INCIPIT, visitaron o centro educativo para achegar ao alumnado de Educación Primaria que é a arqueoloxía e como se investiga o pasado.

A actividade desenvólvese a través de dous obradoiros participativos nos que as nenas e os nenos, deberán identificaron diferentes obxectos agochados en caixas de cartón empregando os sentidos do olfacto, o tacto e o oído. Os obxectos, similares aos que aparecen habitualmente nas escavacións arqueolóxicas, servirán como punto de partida para explicar, de maneira adaptada á súa idade, aspectos da vida das persoas do pasado, como a alimentación, os costumes ou as expresións.

Unha vez introducido o traballo arqueolóxico, presentouse un “obxecto especial” relacionado coa metalurxia prehistórica. A partir del explicouse que é a metalurxia, por que o ouro tivo unha especial importancia no pasado e como se traballaba o metal nas sociedades prehistóricas, poñendo unha atención especial no Tesouro de Caldas. Con esta información intentamos, comprender que nos revela este achado sobre as persoas que o crearon e a sociedade á que pertenecían.
Keywords
11F. CEIP San Clemente de César. Arqueoloxía. Tesouro de Caldas.