Book section

Capítulo 3. A Paisaxe tradicional

2016. Galician

Summary
O sistema agrario e de paisaxe que denominamos tradicional, e que dalgunha forma todos asociamos intuitivamente a unha serie de imaxes idiosincráticas da Galicia rural, polo que sabemos está asentado basicamente arredor do s. xii e permanece até a actual fase de transformación do rural, acelerada dende mediados dos anos 70 do pasado século mediante os procesos de modernización do campo, industrialización agraria e urbanización total do medio. Esta longa lonxevidade e o propio concepto de tradicional suxiren unha idea de estatismo, inmutabilidade e atavismo que, non obstante, constitúe un clixé erróneo. Tanto a aparencia concreta da paisaxe rural ao longo dese tempo (por exemplo, considérense os notables cambios que supuxo a introdución dos cultivos americanos, coma o millo ou a pataca) como as relacións sociais de produción por detrás desas aparencias ou, noutra dimensión, as diferenzas, mesmo considerables, entre distintas áreas de Galicia fan que o concepto de paisaxe tradicional sexa unha abstracción que resume realidades diversas
Book details
Atlas arqueolóxico da paisaxe galega
2016 Edicións Xerais de Galicia
Edition 2016
Pages 57-98
Reference
ISBN 978-84-9121-048-1