Mesa redonda

Seminario de investigación: A complexa relación entre a conservación-restauración arqueolóxica e a arqueoloxía “tradicional”: unha perspectiva dende a ESCRBCG a través do prisma de Somalilandia. Clara Alonso López y Álvaro R Arizaga Castro

2025. Español

Firman
Carolina Cornax-Gómez (organizadora)
Clara Alonso López (ponente)
Álvaro R Arizaga Castro (ponente)
Resumen
Arqueoloxía e conservación deben ir da man por un obxectivo común. Ambas viven pola preservación da memoria. Ambas conectan as xeneracións presentes, pasadas e futuras. Ambas traballan co material, as estruturas, os artefactos, os estratos, pero sempre na medida en que baixo ese material aparecen as sociedades e as persoas.

Pero, ó mesmo tempo, non sempre existe unha colaboración sinxela e eficaz entre ambas perspectivas. Son disciplinas científicas (ou “profesións”?) que teñen desenvolvementos históricos e académicos completamente diferentes: en boa medida, isto explica os posibles e abundantes desencontros, pero tamén a nosa complementariedade.

A auténtica labor das conservadoras (ou debemos chamalas “restauradoras”?) é conservar o material no mellor estado posible para poder obter del a máxima información cos medios tecnolóxicos presentes, preservándoo ante a posibilidade de novos avances técnicos, metodolóxicos e de caracterización. O “artefacto arqueolóxico”, en senso amplo, é tratado como unha mostra visual, material, testemuña representativa da sociedade e dos seus valores antropolóxicos.

A través de diferentes casuísticas analizaremos como inflúen as accións directas (conservación activa) e indirectas (conservación preventiva), en concreto na preservación dos bens arqueolóxicos na medida en que podemos acotalos e definilos.

Finalmente presentaremos unha síntese dos resultados da breve análise realizada polos dous poñentes durante o mes de outubro de 2024 en Somalilandia, grazas ó proxecto StateHorn liderado por Jorge de Torres do INCIPIT-CSIC, así como as posibilidades de futuro neste eido.
Palabras clave
Somalilandia. Conservación. Restauración. Arqueología. Escuela Superior De Conservación Y Restauración De Bienes Culturales De Galicia.