BOLOS

Proxecto de documentación, investigación e análise do petróglifo Laxe dos Bolos

Liderado por
Elena Cabrejas (Valorización)
Resumen
O Concello de Caldas de Reis solicitou ao Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT CSIC) a realización dos traballos técnicos e de investigación previos e necesarios para a futura posta en valor do petróglifo de Laxe dos Bolos, situado na parroquia de Santo Estevo de Saiar, no concello citado. A actuación solicitada consiste nun traballo arqueolóxico que implica a obtención dun rexistro 3D preciso da superficie gravada con técnica fotogramétrica, a realización dunha lectura, interpretación e análise de tipoloxías, estilos, cronoloxías, paralelos e singularidades destes gravados, e a prospección superficial da contorna do petróglifo e daquelas áreas máis susceptibles de albergar outras entidades de semellante tipoloxía ou bens patrimoniais relacionados e non documentados ata o de agora.
Palabras clave
Arte Rupestre. Arqueoloxía da Paisaxe.
Período de realización
08/06/2021 - 15/04/2022
Grado de participación
Liderazgo
Modo de financiación
Público no competitivo
Sublíneas de investigación
Arqueología del Paisaje y Paisajes Culturales
Colabora
GeoBim