A XGA 2023

A primeira Asamblea Xeral do XSCAPE

O pasado maio foi un mes importante para a parte INCIPIT do equipo Xscape. Non só porque estreamos o laboratorio de Mentes Materiais, senón tamén porque, por primeira vez, reuníronse nun mesmo lugar todos os membros do proxecto (ou case todos). Aínda que no mundo actual no que vivimos, acostumámonos a relacionarnos e a traballar a distancia, hai certas cousas que melloran cando se realizan fisicamente no mesmo tempo e espazo. O obxectivo desta reunión, denominada XSCAPE Xeral Assambly (acrónimo XGA) era principalmente coñecernos entre nós todo o equipo que compón o Xscape, xa que estamos diseminados en cinco estados e dous continentes distintos. Ademais de establecer unha linguaxe común para afrontar os diversos asuntos que nos incumben ao equipo completo e comezar, precisamente, a consolidar e fortalecer as sinerxias entre os diferentes equipos.

Posto que un dos piares do proxecto é a comunicación e divulgación do mesmo, contamos coa presenza de dous xornalistas durante toda a celebración da reunión, que aproveitaron a oportunidade de coñecer en directo o Incipit (https://elasombrario.publico.es/aboratorio-de-mentes-forma-ver-mundo/).

Durante unha intensa semana, compartimos intereses e problemas comúns cos que nos fomos atopando ata o de agora, así como debates sobre a parte máis teórica do proxecto a lado de cuestións prácticas e metodolóxicas. Tamén houbo oportunidade para o mero diálogo e, por suposto, algunhas cervexas.

O primeiro día desta Asemblea dedicouse a presentacións individuais sobre a traxectoria de cada un, o seu papel no proxecto e as expectativas científicas do mesmo. Cada investigador principal realizou un pequeno relatorio sobre a historia e o transfondo teórico do proxecto. Ao final da xornada, levou a cabo un experimento nas novas instalacións do laboratorio, a modo de exemplo para todos os presentes. O día rematou con novas presentacións, pero esta vez informais, e acompañadas de comida e bebida.

A seguinte xornada centrouse nos resultados dos estudos experimentais levados a cabo polos diferentes equipos. Especificamente, presentáronse os estudos de simulación realizados polo grupo de Sussex, e o primeiro experimento común desenvolto tanto no Museo de Ache como en Santiago de Compostela. Tamén se comentaron os seguintes pasos previstos na planificación de futuros experimentos, publicacións e estudos concretos, por exemplo a arte rupestre, a percepción das fracturas da cerámica ou os estudos de inferencia activa. Todo isto facilitou a comprensión das problemáticas atopadas, proporcionando solucións comúns ou a procura de novas aproximacións que permitan o desenvolvemento óptimo de todos os estudos do equipo no seu conxunto. Tamén sentaron as bases para estandarizar os procesos experimentais, a súa análise estatística, o modo de presentación de resultados e arquivo da información, así como outros asuntos formais e adminstrativos.

Chegado o xoves, foi a quenda de coñecer persoalmente ao XSCAPE Ethics Board (XEB), o comité ético asesor do proxecto. Neste momento, presentouse por parte do equipo do Incipit, o traballo realizado en materia de ética e protocolos de boas prácticas, para conseguir o informe favorable (tanto do panel ético do ERC como o do CSIC) necesario para o desenvolvemento dos estudos experimentais. Pola súa banda, o XEB traballará no asesoramento para os futuros experimentos que leven a cabo noutros continentes e sociedades, que necesitarán aprobacións éticas ex profeso. A continuación tivo lugar a rolda de prensa de presentación oficial do proxecto. Este evento tivo unha gran afluencia de medios e serviu de preludio ao XPECTÁCULO, un acto de divulgación científica no que participaron os investigadores Felipe Criado, Johannes Müller, Jordi Camí, Luís Martínez, Andy Clark, quen interveu de maneira en liña porque non puido asistir ao encontro, e o mago Miguel Ángel Gea. O XPECTÁCULO, que encheu o Salón Teatro de Santiago de Compostela, con máis de 250 persoas, fixo posible explicar unha pequena parte do noso proceso cognitivo, exemplificado a partir da maxia e as ilusións ópticas, e puxo o punto final ao groso da Asemblea (proximamente dedicarase a este tema unha peza específica na web do Incipit). Por último, debido a que paisaxes e as reaccións perceptivas que provocan son un dos principais obxectos de estudo do proxecto, a semana finalizou cunha xornada de campo, visitando lugares emblemáticos como o Castro de Baroña, os túmulos da Serra do Barbanza e os petróglifos da Gurita.

En definitiva, a primeira XGeneral Assambly foi un éxito, logrando os obxectivos marcados, e esperamos que se constitúa como o primeiro paso para configurar a Comunidade Xscape, onde calquera pode participar!