Continuidade dos parques

A Unidade de Valorización (UVa) do INCIPIT-CSIC dirixe unha actividade de observación dos usos dos parques urbanos

David Barreiro

02/03/2026

Como toda infraestrutura urbana, os parques e xardíns urbanos cumpren unha función na organizacíón da vida da cidade. E, como moitos dos espazos emerxidos na modernidade, supoñen a democratización dun antigo privilexio reservado ás clases elevadas, non exenta das contradicións propias das sociedades do Occidente capitalista. Hai moito tempo que os parques e xardíns adoitan ser públicos e non están reservados á nobreza, pero é probable que sigan a reflectir a estrutura socioeconómica da cidade: porque están en determinadas zonas e barrios, ou porque son utilizadas, de forma preferente, por xentes dunha ou doutra extracción social.

Ao mesmo tempo, a forma de organizar os parques e de integrar unha natureza domesticada no espazo urbano (unha natureza que é resultado da fractura entre o campo e a cidade, na que o primeiro está a ser explotado e transformado de forma sistemática) tamén reflicte os cambios de réxime estético e de relación cos elementos naturais: dos iniciais lugares de encontro e de exhibición social pasouse aos actuais espazos lineais de actividade recreativa en solitario, pasando pola recreación de formas intrincadas e orgánicas ou pola reutilización de arquitecturas abandoadas e ruínas románticas. Todo isto en diferentes momentos da historia recente, nos dous últimos séculos.

Unha ollada atenta aos parques da túa cidade pode proporcionar información relevante sobre a historia da mesma, sobre como a organización espacial e os elementos de mobiliario respostan a unha sucesión de momentos históricos con diferentes réximes perceptivos.

Por outra banda, unha ollada atenta ao xeito en que a xente utiliza hoxendía estes espazos nos pode dicir se estes se adaptan mellor ou peor aos costumes actuais, ou mesmo se estas configuracións, que veñen de décadas atrás, seguen a condicionar os comportamentos contemporáneos. Tamén nos pode indicar cales son os espazos que a xente prefire para pasar o seu tempo libre, ou mesmo se hai xente que os utiliza para traballar, alén das propias persoas que son profesionais destes espazos.

O vindeiro sábado, 7 de marzo, o INCIPIT vai levar a batuta dunha actividade de ciencia cidadá (organizada pola Unidad de Cultura Científica do CSIC en colaboración co Consello da Cultura Galega) consistente na análise espacial e observación etnográfica de distintos parques de Santiago de Compostela (Alameda e Ferradura, Bonaval, Belvís e Vista Alegre) para entender a historia de cada un e a relación entre a cidadanía e os mesmos. As persoas participantes (convocadas previa inscrición en ucc.galicia@csic.es) repartiranse en catro equipos, farán observacións e elaborarán un caderno de campo, rematando a actividade cunha posta en común das súas observacións.

Desta maneira, as participantes reflexionarán e observarán dunha maneira diferente e mais crítica e profunda o espazo urbano e, en concreto, un tipo de espazo urbano moi particular, concibido e deseñado para o lecer, a evasión e o encontro social, pero que tamén condiciona os nosos comportamentos. Deste modo, inténtase abrir a porta a un xeito máis crítico de observar a realidade, ao tempo que se pretende afondar dun modo máis intenso e emocional na relación cos elementos comúns ou singulares que conforman o noso espazo cotiá, e cos distintos valores sociais que encarnan.