Aplicación de técnicas non invasivas no Castro de Punta do Cabo

Actuacións do DL-lab para a análise xeoespacial, documentación e modelización do xacemento arqueolóxico

O castro de Punta do Cabo (Burela, Lugo), un dos asentamentos fortificados da Idade do Ferro máis emblemáticos da costa lucense, está a piques de revelar os seus segredos mellor gardados. O Concello de Burela e o Laboratorio de Paisaxes Dixitais (DL-lab, INCIPIT-CSIC) poñen en marcha esta iniciativa para estudar a extensión e a estrutura do xacemento mediante técnicas non invasivas. O proxecto conta tamén co apoio da Asociación Cultural Mariña Patrimonio.

Voo Americano 1956.1957 (https://mapas.xunta.gal/visores/pba/)

PNOA 2023 (https://mapas.xunta.gal/visores/pba/)

Actualmente estanse a desenvolver traballos de documentación a partir da recompilación e interpretación da información xeográfica e arqueolóxica da contorna do xacemento, que inclúe fotografía aérea histórica e documentación arqueolóxica. Na fase de traballo de campo empregaránse distintas tecnoloxías, como drons equipados con sensores LiDAR e multiespectrais. Sobre o terreo, utilizaranse magnetómetros e un xeorradar (GPR) para obter información do subsolo. Posteriormente, estes datos procesaranse para xerar modelos microtopográficos do terreo, ortofotos de alta resolución e mapas de anomalías que indiquen a presenza de estruturas arqueolóxicas. Todo o proceso será documentado con medios audiovisuais para facilitar a súa divulgación.

A historia do xacemento está intimamente ligada ao coñecido torques de ouro de Burela, unha peza destacada da ourivería castrexa que forma parte do escudo oficial do municipio. Ademais, a contorna destaca polo seu impoñente paisaxe cultural e polo seu folclore: desde “As Tetas da Vinculeira”, dous grandes montículos que puideron funcionar como torreóns defensivos na entrada da croa (recinto central), ata a “Pena do Neno”, un gran bolo granítico situado a poucos metros cuxa forma evoca o rostro dun bebé. O desenvolvemento das infraestruturas tamén deixou a súa pegada no asentamento e na súa contorna rural. A construción da estrada da costa destruíu no seu día parte das defensas do flanco oeste do castro. Todos estes elementos e a súa integración serán abordados mediante técnicas dixitais de documentación para o estudo e valorización deste paisaxe cultural.

Un dos piares desta campaña é a apertura dos procesos de traballo á veciñanza e visitantes. Durante os traballos de campo facilitarase información sobre o avance da investigación. Con este proxecto, Burela non só obterá unha radiografía inédita das súas orixes, senón tamén unha valiosa ferramenta de planificación do seu patrimonio histórico.